xoves, 24 de outubro de 2019

Excursión de 2º, 3º e 4º de ESO a Coruña

Este mércores 23 de outubro o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO estivo na Coruña cos profes Ana Campo e Gabino para facer dúas actividades moi interesantes.
A primeira foi no Museo de Belas Artes de Coruña, no que poideron contemplar cuadros mitolóxicos e de raíñas do século XVII en tono de burla. Tamén viron obxectos de Emilia Pardo Bazán. Despois asistiron a un taller literario no que escribiron un relato baseado nos cuadros que viron.


Pola tarde foron á fundación Barrié a ver unha exposición sobre moda e Márketing sobre Norman Parkinson e terminaron elaborando un brazalete cunha luz led incorporada. 
Unha xornada ben completa!





luns, 24 de xuño de 2019

Viaxe de Fin de Curso de 4º de ESO a Roma.

Os alumnos de 4º de ESO fixeron una maravillosa viaxe de Fin de Curso a Roma na última semana de clases.
Aquí tedes unas cuantas fotos:













martes, 4 de xuño de 2019

Graduación de 4º de ESO

O venres 30 foi a Graduación dos alumnos de 4º de ESO.
Foi un evento moi emotivo para todos e todas. 
Aquí tedes as fotos:




martes, 14 de maio de 2019

O Correlingua 2019.

O alumnado de 1º,2º e 3º de ESO foi a Monforte ao Correlingua, unha actividade que reivindica o uso do galego e que se celebra todos os anos en torno ao día das Letras Galegas. 
Con eles foron as profe de inglés Raquel e Ana Quintela e a profe de Galego, Cathia. 
Alí, entre todos cantaron unha canción acompañados á pandereta polas profes.
Aquí tedes as fotos:










martes, 12 de marzo de 2019

Orellas de Entroido

Os alumnos de 4º de ESO estiveron na cociña axudando a facer as Orellas de Entroido coas nosas cociñeiras:













mércores, 6 de febreiro de 2019

EXCURSIÓN A LUGO DE 3º E 4º DE ESO

Os alumnos de 3º e 4º de ESO, acompañados polos profesores Ana Campo e Gabino González, fixeron unha xornada de visita a Lugo na que pola mañá asistiron a unha sesión de portas abertas da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo, na que os alumnos poideron visitar as facultades e instalacións que máis lles interesaron para o seu futuro.

E pola tarde asistiron a unha actividade no Museo Provincial de Lugo que se chama A Muller na Arte e a Arte na Muller.