martes, 11 de decembro de 2018

Xornada de Convivencia co CEE Infanta Elena

Os alumnos do CEE Infanta de Monforte fixéronnos a visita que ns tiñan prometida dende que os nosos alumnos estiveron no seu centro o curso pasado organizado polas profes Ana Quintela e Modesta Álvarez.
Esta vez fixeron unha mñá de actividades de convivencia que comezou cunha recepción no comedor escolar para tomar un piscolabis na que participaron os visitantes e mais os alumnos de 6º de Primaria e de 1º de ESO.
Despois os alumnos repartíronse por varias aulas para asistir a varias actividades:  unha demostración coa impresora 3D feita por alumnos de 4º de ESO; unha sesión de manualidades na aula de Pláastica  e un partido no Pavillón.
Para ver máis fotos e videos podedes picar na seguinte foto que vos levará ao blog de Primaria: