venres, 21 de febreiro de 2020

Entroido 2020

Aquí tedes as fotos dos disfraces da ESO no desfile do Entroido 2020. Todo un exitazo o tema da Educación Vial!
















xoves, 13 de febreiro de 2020

Día da Muller e a Nena na Ciencia no laboratorio.

Celebramos aínda hoxe o Día da Muller e a Nena na Ciencia cunha actividade organizada pola profe de Bioloxía, Fátima e polas alumnas de 3º de ESO. No laboratorio foron recibindo a varias clases de Primaria e fóronlles explicando cousas sobre a Ciencia. Disfrutaron sobre todo cando usaron os microscopios para ver animaliños minúsculos e cousas do día a día, como por exemplo un anaco de papel ou unha pestaña.









Andaina polo Camiño do Crego, na Ribeira Sacra

Onte mércores 12 de febrerio os alumnos de ESO fixeron unha andaina polo Camiño do Crego, unha antiga ruta que une as igrexas de Fión e de A Cova, dús xoias arquitectónicas que temos na nosa zona. Aprobeitaron para visitar tamén uns petroglifos que marcaban a separación entre dúas parroquias. Tamén poideron admirar o CAbo do Mundo, ese fermoso meandro que forma o Río Miño ao seu paso polo noso concello.