venres, 21 de febreiro de 2020

Entroido 2020

Aquí tedes as fotos dos disfraces da ESO no desfile do Entroido 2020. Todo un exitazo o tema da Educación Vial!
















xoves, 13 de febreiro de 2020

Día da Muller e a Nena na Ciencia no laboratorio.

Celebramos aínda hoxe o Día da Muller e a Nena na Ciencia cunha actividade organizada pola profe de Bioloxía, Fátima e polas alumnas de 3º de ESO. No laboratorio foron recibindo a varias clases de Primaria e fóronlles explicando cousas sobre a Ciencia. Disfrutaron sobre todo cando usaron os microscopios para ver animaliños minúsculos e cousas do día a día, como por exemplo un anaco de papel ou unha pestaña.









Andaina polo Camiño do Crego, na Ribeira Sacra

Onte mércores 12 de febrerio os alumnos de ESO fixeron unha andaina polo Camiño do Crego, unha antiga ruta que une as igrexas de Fión e de A Cova, dús xoias arquitectónicas que temos na nosa zona. Aprobeitaron para visitar tamén uns petroglifos que marcaban a separación entre dúas parroquias. Tamén poideron admirar o CAbo do Mundo, ese fermoso meandro que forma o Río Miño ao seu paso polo noso concello.























venres, 8 de novembro de 2019

Magosto

Este venres celebramos no patio de columnas todos os alumnos deo cole o Magosto no cole cun zumiño, biscoito e as poucasa castañas que se poideron aprobeitar. Menos mal que temos bo humor!
Despois tivemos una xogos tradicionais moi emocionantes no pavillón.





Charla na classe de Igualdade de Xénero de 1º de ESO

O xoves 7 de outubro na clase de Igualdade de Xénero de 1º de ESO con Ana Quintela contamos coa visita de Madalina, ex-alumna do noso colexio, que fixo un ciclo de Mecánica e de Adrián que estudia un ciclo de Educación Infantil e fai de coidador nos autobuses escolares.
Os dous teñen a experiencia de desempeñar postos de traballo onde o seu xénero é a minoría.
Toda una lección vital a que aprendemos con Madalina e Adrián: o xénero non pode ser determinante á hora de elexir un traballo!






domingo, 3 de novembro de 2019

Excursión de Música a Ourense

O mércores 30 de outubro a profe Bea de Música levou aos alumnos de 1º e 2º de ESO a Ourense para facer unha visita polos monumentos mais importantes da vila e para asistir un concerto didáctico de Música electrónica.
Aquí tedes unhas fotos: