martes, 11 de decembro de 2018

Xornada de Convivencia co CEE Infanta Elena

Os alumnos do CEE Infanta de Monforte fixéronnos a visita que ns tiñan prometida dende que os nosos alumnos estiveron no seu centro o curso pasado organizado polas profes Ana Quintela e Modesta Álvarez.
Esta vez fixeron unha mñá de actividades de convivencia que comezou cunha recepción no comedor escolar para tomar un piscolabis na que participaron os visitantes e mais os alumnos de 6º de Primaria e de 1º de ESO.
Despois os alumnos repartíronse por varias aulas para asistir a varias actividades:  unha demostración coa impresora 3D feita por alumnos de 4º de ESO; unha sesión de manualidades na aula de Pláastica  e un partido no Pavillón.
Para ver máis fotos e videos podedes picar na seguinte foto que vos levará ao blog de Primaria:


xoves, 29 de novembro de 2018

GALICIA SKILLS

Os alumnos de 2º e 3º de ESO estiveron en Silleda participando no Galicia Skills que  é o campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas.
Aquí tedes algunhas fotos do evento:









mércores, 28 de novembro de 2018

Concerto dicáctico Monforte

O 27 de novembro os alumnos de 1º de ESO aisitiron a un concerto Didáctico ofrecido pola Sociedade Filarmónica de Monforte de Lemos

 Aquí tedes algunhas fotos da actividade:


luns, 5 de novembro de 2018

Viaxe a Burdeos con 2º, 3º e 4º de ESO.


Entre o 22 e o 26 de Outubro 18 alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO disfrutaron de unha viaxe á zona de Burdeos na que poideron realizar moitas visitas do seu interese.
Na viaxe de ida visitamos a vila española de León e Bilbao e en Francia visitamos Burdeos, Saint-Emillion, a Ciudadela de Blaye, a Duna do Pilat, a vila de Arcachon e Cap Ferret. Foi corto pero intenso!!