xoves, 24 de outubro de 2019

Excursión de 2º, 3º e 4º de ESO a Coruña

Este mércores 23 de outubro o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO estivo na Coruña cos profes Ana Campo e Gabino para facer dúas actividades moi interesantes.
A primeira foi no Museo de Belas Artes de Coruña, no que poideron contemplar cuadros mitolóxicos e de raíñas do século XVII en tono de burla. Tamén viron obxectos de Emilia Pardo Bazán. Despois asistiron a un taller literario no que escribiron un relato baseado nos cuadros que viron.


Pola tarde foron á fundación Barrié a ver unha exposición sobre moda e Márketing sobre Norman Parkinson e terminaron elaborando un brazalete cunha luz led incorporada. 
Unha xornada ben completa!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.